Unable to get weather data from Google.
Service is offline.
![]() | Olympic Games Veces jugadas: 642 | |
![]() | Ninjas Veces jugadas: 653 | |
![]() | Shoot Veces jugadas: 618 | |
![]() | Gladiator Veces jugadas: 634 | |
![]() | Alien Attack Veces jugadas: 631 |
| comprate un chihuahua Animales (05.03.2010) | |
| AHORRO ENERGÉTICO > DD-0040 KIT SOLAR LED EXPERIENCE Domótica y Seguridad (22.02.2010) | |
| AHORRO ENERGÉTICO > TIRA LED FLEX BITONO BLANCO, DC12V, IP67 EXTERIOR Domótica y Seguridad (22.02.2010) | |
| AHORRO ENERGÉTICO > TIRA LED FLEX 5 MTS RGB IP65 INCL. CONTROLADOR RGB Domótica y Seguridad (22.02.2010) | |
| Yorkshire Enana Animales (20.02.2010) | |
| Axudas da Consellería do Medio Rural á apicultura |
| Blogs - Concursos y oposiciones |
949 hits |
| Escrito por Administrator | |
| Miércoles, 16 de Diciembre de 2009 15:41 | |
|
a) Aquelas persoas
físicas ou xurídicas titulares de explotacións apícolas. Será requisito para a
obtención das axudas, estar inscrito no rexistro oficial apícola da Comunidade
Autónoma, polo menos con anterioridade ao primeiro de xaneiro do ano 2009.
Ademais, os beneficiarios deberán cumprir coas obrigas establecidas no artigo 14
da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións. Os colmeares
abandonados e as colmeas mortas non darán dereito ao cobramento de axudas polo
seu titular. b) Cooperativas
apícolas e organizacións representativas con personalidade xurídica de seu,
integradas na súa maioría por apicultores que cumpran os requisitos da letra
a). Finalidade: a) Prestar
información e asistencia técnica: asesoramento e formación de apicultores,
formación de persoal de centros de envasamento e de laboratorios de
organizacións apícolas, técnicas apícolas, divulgación. Para esta liña a
subvención será do 50% dos gastos. b) Loita contra a
varroase, actividades inescusablemente ligadas a un programa sanitario
supervisado por un veterinario responsable da súa correcta aplicación e
funcionamento: asociacións de defensa sanitaria, custos de tratamentos químicos
autorizados que non sexan subvencionados doutro xeito, métodos de loita
biolóxica, mellora das condicións de tratamento das colmeas. Para esta liña a
subvención será do 50% dos gastos en produtos, outros materiais e asistencia
técnica. E do 50% do custo da contratación dun veterinario, ou do 90% no suposto
de que a contratación sexa en exclusividade, cunha limitación de 36.000 euros
para subvención deste contrato. c) Racionalizar a
transhumancia: identificación das colmeas e dos marcos, investimentos en
equipamentos de uso exclusivo para manipulación de colmeas, divulgación de boas
prácticas de transhumancia, acondicionamento de espazos, seguro de danos e
responsabilidade civil. Para esta liña a subvención será do 50% dos gastos, agás
a identificación das colmeas na que a subvención será do
70%. d) Apoio á
repoboación da cabana apícola: programa de cría de raíñas autóctonas para a
renovación do censo que incluirá a produción de núcleos e a distribución a
outros apicultores, reposición de baixas con enxames autóctonos. Para esta liña
a subvención poderá ser do 50% dos gastos. Presentación de
solicitudes: As solicitudes presentaranse preferentemente nos
rexistros dos órganos dependentes da Consellería do Medio Rural. Así mesmo,
poderán presentarse nos rexistros de calquera órgano administrativo que pertenza
á Administración xeral do Estado, á de calquera Administración das comunidades
autónomas, ou a algunha das entidades que integran a Administración local, se
neste último caso, se subscribiu o oportuno
convenio Prazo de presentación:
do 10 de decembro
de 2009 ao 9 de xaneiro de 2010. Publicación: DOG nº 239, mércores 9 de decembro
de 2009 Máis Información
(Anexos): http://www.xunta.es/dog/Dog2009.nsf/0e5fb445f3681a75c1257251004b10d7/7f077e94f02013e1c125768200521971/$FILE/23900D005P034.PDF CENTRO DE INFORMACIÓN AO AGRO GALEGO - CIAG; Estrada de San Marcos, s/n - 15780 Santiago de Compostela Teléfono: 902 112 000 / Fax: 981 559 801 Comentarios (0) |
|
Privacidad + Legal |
CSS |
XHTML
2010 boboras
Esta página está bajo una licencia de Creative Commons.