| Fifa World Cup Jugado: 3228 veces |
| Premiere FoosBall Jugado: 2968 veces |
| Correr con quads Jugado: 1525 veces | |
| catScratch Jugado: 2666 veces |
| hacer parejas Jugado: 429 veces |
| Detectores y Alarmas Domótica y Seguridad (07.07.2010) | |
| Vigile su hogar desde cualquier lugar. Domótica y Seguridad (07.07.2010) | |
| Sitema de control de intalaciones térmicas según RITE - RD 1826/2009 Hogar (06.07.2010) | |
| KIT VídeoGrabador Digital con Pantalla 7\" y 2 Cámaras PEQUEÑO COMERCIO Domótica y Seguridad (06.07.2010) | |
| Acceso por reconocimiento de huella digital Domótica y Seguridad (06.07.2010) | |
| Ábrese a oferta lúdica de actividades de inverno nas escolas deportivas de Melide |
| Blogs - Actividades |
2116 hits |
| Escrito por Administrator | |
| Miércoles, 07 de Octubre de 2009 15:24 | |
|
O Concello presentou estes días a programación para a que xa se abriu o prazo de inscrición, que se realizará na Casa do Concello. Dentro das actividades infantís, para nenos e nenas de 3 a 16 anos, incluíronse como novidades as propostas de iniciación ao circo e pádel. A primeira consiste en adquirir prácticas e coñecementos en xogos como malabares, equilibrismo e outras disciplinas propias da arte circense. Por outra parte, o Concello tamén quixo incluír como oferta a práctica do pádel, dada a grande expectativa xerada polas novas pistas de pádel municipais inauguradas este verán en Melide, e que son moi demandadas todos os días da semana. Amais destas novidades, os cativos poderán escoller tamén entre outro tipo de deportes (fútbol sala, patinaxe, ballet), así como pintura, informática, psicomotricidade ou baile moderno para nenos. O prezo de cada unha das actividades, que se impartirán dúas horas semanais, é de 10 euros mensuais como máximo, tanto nas de adultos como nas de nenos, e distribuiranse en distintas instalacións municipais en función da modalidade. PROPOSTAS PARA OS ADULTOS As actividades máis demandadas polos adultos seguen a ser as relacionadas con baile e movemento, como os bailes de salón, batuka, ximnasia de mantemento, ioga ou ximnasia para a terceira idade, aínda que tamén poderán escoller ou compatibilizar con pintura ou informática. Dende o Concello de Melide destacan que “o programa das Escolas Deportivas é un abano de posibilidades para aproveitar, de forma construtiva, as horas libres, e tamén unha mostra de que é posible compaxinar lecer con aprendizaxe”. Será o martes, 13 de outubro, cando dea comezo a programación das escolas deportivas. Os horarios e todas as normas das mesmas poden consultarse no concello ou en www.concellodemelide.org Fonte boletín de novas do concello Comentarios (0)
|
|
Privacidad + Legal |
CSS |
XHTML
2010 boboras
Esta página está bajo una licencia de Creative Commons.