| Tetris Jugado: 3733 veces |
| Invaders Jugado: 3928 veces |
| Alien Attack Jugado: 3689 veces |
| Poux Jugado: 3649 veces |
| Alien Colony Jugado: 3885 veces |
| SMS Control Advance - encendido remoto co SMS Domótica y Seguridad (25.08.2010) | |
| Directiva 2010/31/UE - RD 1826/2009 Domótica y Seguridad (25.08.2010) | |
| KIT CONTROL BIOMÉTRICO ACCESO HUELLA + TARJETA RFID PARA ELECTROCERRADURA Hogar (24.08.2010) | |
| Domótica sin cables Osiris RF - Proyectos e instalación. Domótica y Seguridad (24.08.2010) | |
| Domotium - Domotica a otro nivel Domótica y Seguridad (24.08.2010) | |
| O Concello de Melide organiza campamentos gratuítos para nenos nas vacacións de Nadal |
| Blogs - Actividades |
4416 hits |
| Escrito por Antonio | |
| Martes, 16 de Diciembre de 2008 23:26 | |
|
Coa chegada das vacacións de Nadal aos centros escolares moitas familias atópanse con dificultades para a conciliación da vida familiar e laboral, ao non coincidiren as vacacións de pais e fillos. O Concello de Melide acaba de dar a coñecer unha proposta completamente gratuíta para ofrecer actividades lúdico-deportivas a nenos e nenas de entre 3 e 9 anos nestas datas de Nadal. O obxectivo, segundo destacou a concelleira de Cultura, Conchi Castro, é “achegar unha ferramenta de axuda ás familias, e ao mesmo tempo ofrecer actividades culturais e divertidas, atractivas para este tempo de lecer dos cativos”. A concelleira nacionalista destacou que “os campamentos serán totalmente gratuítos”, e desenvolveranse no Edificio Multiusos dende o 22 de decembro ata o 2 de xaneiro. Durante eses días, en dúas quendas por idades –de 3 a 5 e de 6 a 9 anos-, os rapaces e rapazas de Melide aprenderán a traballar elementos naturais, como a facer xabrón, ou outro tipo de manualidades artesanais. Segundo avanzou a concelleira, “os obradoiros diarios serán temáticos, para facelos máis atractivos, pero incorporarase en todos eles a importancia dos valores da protección ao medio ambiente, a solidariedade e o traballo en equipo”. O prazo para a inscrición nestes campamentos urbanos de Nadal xa está aberto no Departamento de Cultura do Concello, onde é preciso anotarse para unha boa organización das actividades. O horario dos campamentos será de 09.30 a 14.00 horas. Fonte boletín concello de Melide. Comentarios (0)
|
|
Privacidad + Legal |
CSS |
XHTML
2010 boboras
Esta página está bajo una licencia de Creative Commons.