|
Blogs -
Actividades
|
 1985 hits |
|
Escrito por Administrator
|
|
Miércoles, 07 de Octubre de 2009 15:24 |
|
O Concello presentou estes días a programación para a que xa se abriu o prazo de inscrición, que se realizará na Casa do Concello. Dentro das actividades infantís, para nenos e nenas de 3 a 16 anos, incluíronse como novidades as propostas de iniciación ao circo e pádel. A primeira consiste en adquirir prácticas e coñecementos en xogos como malabares, equilibrismo e outras disciplinas propias da arte circense. Por outra parte, o Concello tamén quixo incluír como oferta a práctica do pádel, dada a grande expectativa xerada polas novas pistas de pádel municipais inauguradas este verán en Melide, e que son moi demandadas todos os días da semana.
Amais destas novidades, os cativos poderán escoller tamén entre outro tipo de deportes (fútbol sala, patinaxe, ballet), así como pintura, informática, psicomotricidade ou baile moderno para nenos. O prezo de cada unha das actividades, que se impartirán dúas horas semanais, é de 10 euros mensuais como máximo, tanto nas de adultos como nas de nenos, e distribuiranse en distintas instalacións municipais en función da modalidade.
|
|
Leer más...
|
|
|
Blogs -
Actividades
|
 3205 hits |
|
Escrito por Administrator
|
|
Lunes, 20 de Abril de 2009 16:11 |
|
Un obradoiro de cociña é a primeira actividade coordinada polo Banco de Tempo de Melide, unha iniciativa que se está a desenvolver en numerosos concellos galegos e que ten por obxectivo implicar a persoas de distintas idades en actividades conxuntas. No Concello de Melide, ábrese o prazo este martes, 21 de abril, para inscribirse nun obradoiro de cociña que se desenvolverá entre o 28 de abril e o 28 de maio, nas instalacións da Casa do Concello, e para o que hai prazas limitadas.
|
|
Leer más...
|
|
Blogs -
Actividades
|
 3958 hits |
|
Escrito por Administrator
|
|
Viernes, 13 de Marzo de 2009 06:54 |
 Primavera Activa, é un programa con actividades de lecer e tempo libre, a levar a cabo en diferentes casas rurais de toda Galicia, organizado conxuntamente pola Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade e pola Dirección Xeral de Turismo - Turgalicia. Poderán participar mozas e mozos entre 18 e 35 anos. Datas: Marzo, Abril e Maio.
|
|
Leer más...
|
|
Blogs -
Actividades
|
 4034 hits |
|
Escrito por Administrator
|
|
Miércoles, 21 de Enero de 2009 22:39 |
 Antes de que o domingo 25 o Concello de Melide celebre a súa primeira feira- exposición de gando autóctono galego, o venres e o sábado será o monte o obxecto de debate na vila melidense. A Concellaría de Medio Rural organiza o venres 23 e o sábado 24 unhas xornadas técnicas que baixo o título Valorización do sector forestal e multifuncionalidade do monte na comarca da Terra de Melide, reunirán en Melide a representantes das tres universidades galegas, técnicos e asesores da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia e tamén a membros de entidades vencelladas directamente ao asociacionismo forestal, como é o caso da Mancomunidade de produtores de biomasa forestal primaria no sur de Galicia ou a Reserva de Biosfera da Área de Allariz.
|
|
Leer más...
|
|
Blogs -
Actividades
|
 3930 hits |
|
Escrito por Administrator
|
|
Domingo, 28 de Diciembre de 2008 00:03 |
|
Na tarde do venres comezaron as actividades dirixidas aos máis pequenos das vinte e seis parroquias de Melide. Os locais sociais das parroquias acolleron contacontos, xogos e reparto de agasallos entre os asistentes. A concellaría de cultura programou para este Nadal, por segundo ano consecutivo, actividades para os nenos e nenas das parroquias.
O primeiro local que acolleu esta actividade foi o da parroquia de San Salvador e continuou na tarde do sábado na parroquia de Gondollín, a onde acudiron nenos e nenas das parroquias veciñas de Folladela e Pedrouzos. Os pequenos dispoñen de servizo de bus -ruta do autobús escolar- a partir das 16.30h de cada tarde para achegarse ao contacontos. O luns, 29 de decembro, continuarán estas actividades lúdicas na parroquia de Maceda ás 17.00 h. Fonte boletín concello de Melide
|
|
Blogs -
Actividades
|
 4131 hits |
|
Escrito por Antonio
|
|
Martes, 16 de Diciembre de 2008 23:26 |
|
Coa chegada das vacacións de Nadal aos centros escolares moitas familias atópanse con dificultades para a conciliación da vida familiar e laboral, ao non coincidiren as vacacións de pais e fillos. O Concello de Melide acaba de dar a coñecer unha proposta completamente gratuíta para ofrecer actividades lúdico-deportivas a nenos e nenas de entre 3 e 9 anos nestas datas de Nadal. O obxectivo, segundo destacou a concelleira de Cultura, Conchi Castro, é “achegar unha ferramenta de axuda ás familias, e ao mesmo tempo ofrecer actividades culturais e divertidas, atractivas para este tempo de lecer dos cativos”.
A concelleira nacionalista destacou que “os campamentos serán totalmente gratuítos”, e desenvolveranse no Edificio Multiusos dende o 22 de decembro ata o 2 de xaneiro.
|
|
Leer más...
|
|
Blogs -
Actividades
|
 4173 hits |
|
Escrito por Xiri
|
|
Domingo, 28 de Diciembre de 2008 00:51 |
 A voceira do PP de Melide, Ánxeles Vázquez considera lamentable que o equipo de goberno non informe ó grupo máis votado sobre as circunstancias que van rodear a apertura do Centro de Día. O mesmo tempo solicita que no Centro de Día sexan admitidas persoas que teñan menos de 60 anos.
O PP de Melide ven de solicitar unha xuntanza de voceiros co fin de que o bipartito os informe de como se vai rexer o centro de día, xa que a día de hoxe da única información que dispoñen oficial e da cesión da residencia a vicepresidencia; pero descoñecese con que reglamento contará o centro de día , tasas, horario, idades ou o persoal que vai ser admitido, así como o importe que cada ano terá que pagar o Concello de Melide ó Consorcio de Servicios Sociais. Do que si é coñecedor o PP é das protestas reinantes na vila xa que ó parecer a este centro non poderan acceder menores de 60 anos o que deixa grandes dependentes da vila sen ser atendido e tendo que recurrir a centros de día de concellos veciños e como exemplo persoas con esclerosis múltiple que terán que seguir desplazándose todos os días a outros concello bastante máis pequenos que Melide pero mellor organizados.
Ánxeles Vázquez considera lamentable que o equipo de goberno( que presume de ser tan transparente ) non informe ó grupo máis votado en Melide de nada e agarda que en breve convoquen unha xunta de voceiros.
Unha vez máis a voceira do PP lamenta que Socorro Cea fixera caso omiso da proposta do grupo Popular de non tirar a parte baixa da residencia para convertela en Centro de Día porque a parte de perder Melide 75 prazas de residentes agora como consecuencia desta decisión Melide vai contar con un Centro de Día con moitas limitacións; Ánxeles Vázquez acusa a Cea de tirar o feito e deixar todo a medias así como de ser incapaz de defender os intereses do seu pobo xa que optou polo doado en vez de construir un centro de día noutra das moitas parcelas que deixou o PP como patrimonio do Concello.
|
|
Blogs -
Actividades
|
 4213 hits |
|
Escrito por Xiri
|
|
Sábado, 13 de Diciembre de 2008 19:47 |

OS DATOS:
Concello de Melide - Concesión de obras públicas
Operación de tesourería
Data de publicación en web: 2008-11-25
Nº de expediente municipal: 01/08
Informe de adxudicación:
Empresa adxucataria: Banco de Crédito Local.
Importe: 500.000 €.
Tipo de xuro: euribor semestral +0,49%
Liquidación: semestral.
Prazo: un ano.
Comisión de gastos: exentas.
T.A.E.: 4,82
Estado do procedemento: Adxudicados
Tipo de contrato: Operación de tesourería
Prezo licitación: 500.000 €
Prazo execución: Un ano.
UNHA PEQUENA EXPLICACION:
... El Presupuesto de Tesourería carece dunha regulación que lle outorgue o carácter de vinculante ante os xestores da Corporación, e o Plan de disposición de fondos establecido polo Tesoureiro non sempre é asumido polos dirixentes municipais. Pero aínda contando cunha boa programación técnica e coa mellor vontade política, é posible que ao longo dun exercicio económico se produzan déficits transitorios de liquidez. Obter o financiamento necesario para cubrir a insuficiencia de recursos líquidos dispoñibles cos que facer fronte a pagamentos, é un problema serio co que se enfrontan as Tesourerías das Corporacións locais. O lexislador habilitou a posibilidade de que se puidese acudir a fontes de financiamento alleas por medio de empréstitos a curto prazo ou mediante a instrumentación de pólizas de crédito. Así, o art. 52 da LRHL establece que 'Para atender a necesidades transitorias de Tesourería, as Entidades Locais poderán concertar operacións de crédito a curto prazo,... " " ... para estes efectos terán a consideración de operacións de crédito a curto prazo, entre outras as seguintes... / . .. b) Os empréstitos e créditos concedidos por entidades financeiras para cubrir desfases transitorios de Tesouraría...
¿SERIO OU TRANSITORIO?.
|
|
Blogs -
Actividades
|
 4341 hits |
|
Escrito por Antonio
|
|
Jueves, 31 de Julio de 2008 01:04 |
 O Concello de Melide recuperará a través dun obradoiro a tradición dos cabezudos nas festas do San Roque. Os obradoiros están abertos a todas as persoas maiores de catorce anos que desexen facelo de xeito gratuito, simplemente con inscribirse no concello. Dende este venres e ata o día 13 de agosto, os veciños interesados poderedes deseñar os vosos propios cabezudos. Deberedes inscribirvos no departamento de Cultura do Concello.
|
|
Blogs -
Actividades
|
 5167 hits |
|
Escrito por gelines
|
|
Martes, 15 de Julio de 2008 01:29 |
Agricultores, gandeiros e consumidores unidos contra os abusos na cadea comercial.Prezos xustos para os nosos produtos.Os nosos productos perden cada vez máis valor, mentras que os consumidores pagan cada día máis. Só queda unha explicación: o aumento abusivo das marxes comerciais. ¿Quén son os perxudicados?Agricultores, gandeiros, e consumidores, todos somos vítimas da situación actual. Un autobús recorrerá 16 concellos en dúas semanas. Apoia coa túa firma a campaña de UPA, porque nos beneficia a todos. En tódalas as paradas se repetirá o seguinte programa de actividades: 10.30 h: Recepción e encontro con colectivos afectados polas subas dos prezos. Máximo 15 persoas. Interior Autobús. 11.30h: Rolda de Prensa. Máximo 15 persoas. Interior Autobús. 12.00h: Reparto de productos. Máximo 200 persoas, ordeadas por filas. En Melide o bus estará o día 25 de xullo.+ info en www.unionsagrarias.org firmas en www.preciosjustos.es
|
|
Blogs -
Actividades
|
 6326 hits |
|
Escrito por Antonio
|
|
Jueves, 03 de Julio de 2008 20:18 |
 Do 4 ao 27 de xullo de 2008. Programa: Día 4 de Xullo ás 22:30h no Cantón de San Roque (Jazz) Marcos Teira Cuarteto presenta o seu novo disco “Alí” . Marcos Teira caracterízase por un estilo jazz moi persoal. Día 5 de Xullo ás 22:00h no Cantón de San Roque (Jazz) Luthea Salom. Guitarra acústica e voz. Cantautora canadense producida por David Bowie, foi a abreconcertos de Norah Jones durante o ano 2007 na súa xira americana. Día 7 de Xullo no Museo Terra de Melide Exposición das 25 obras finalistas do I Concurso de Artes Plásticas do Concello de Melide 2008 “Os sons de Galiza” que se expoñerá no Museo da Terra de Melide até o 27 de xullo.
|
|
Leer más...
|
|
Blogs -
Actividades
|
 5557 hits |
|
Escrito por Antonio
|
|
Sábado, 21 de Junio de 2008 00:22 |
 As actividades desenvolveranse entre o 1 de xullo e o 15 de agosto, e os nenos deberán formalizar as súas inscricións no departamento de Cultura. Neste mes e medio de programación, os nenos e nenas que participen –previa inscrición no Departamento de Cultura, a partir deste luns, 23 de xuño- aprenderán a arte da papiroflexia e da globoflexia ou a traballar co coiro en obradoiros temáticos Os xogos, a música, o baile moderno e a aproximación ás danzas do mundo estarán tamén presentes nestes campamentos que se celebrarán en horario de 10 a 13.30 horas no Edificio Multiusos de Melide. Outras actividades que se desenvolverán serán a iniciación á informática, obradoiros de fotografía, teatro e actividades deportivas. O custo da participación nesta programación de verán impulsada polo Concello de Melide limítase a 15 euros por cada semana de actividade e cada neno, cun desconto do cincuenta por cento a partir do segundo irmán. Fonte da nova, concello de Melide
|
|
Blogs -
Actividades
|
 4282 hits |
|
Escrito por Administrator
|
|
Viernes, 02 de Mayo de 2008 13:54 |
|
|
|
Blogs -
Actividades
|
 4149 hits |
|
Escrito por Administrator
|
|
Jueves, 05 de Junio de 2008 01:22 |
 Deportes: golf, vela de cruceiro, tenis, voleipraia. Aloxamento: Colexio Calvo Sotelo da Coruña. Duración: de domingo a sábado. Do 29 de xuño ó 5 de xullo (para Melide). Destinatarios: rapaces/as entre 9 e 13 anos. Cota de inscrición: 85€. O prazo de inscripción para Melide remata o 12 de xuño.+ info no tel.: 981 080327 ou en www.dicoruna.es/cultura/campamentos/
|
|
Blogs -
Actividades
|
 5981 hits |
|
Escrito por Administrator
|
|
Miércoles, 11 de Junio de 2008 01:16 |
 Durante a primeira quincena de agosto 20 rapaces e rapazas do Concello de Melide participarán nun campamento de verán en Porto do Son. As instalacións que acollerán ao grupo de Melide serán as do Campamento Xuvenil Virxe de Loreto, onde vinte rapaces de entre 14 e 16 anos pasarán estes quince días. O prazo para formalizar a inscrición remata o vindeiro luns, 16 de xuño.
|
|
Leer más...
|
|
Blogs -
Actividades
|
 6554 hits |
|
Escrito por Administrator
|
|
Viernes, 28 de Marzo de 2008 17:49 |
 Os veciños da rúa Alexandre Bóveda recibirán un tríptico editado polo Concello sobre a figura deste ilustre intelectual galego. A iniciativa continuará nas vindeiras datas centrándose noutras rúas, como a Concepción Arenal.
|
|
Leer más...
|
|
Blogs -
Actividades
|
 5922 hits |
|
Escrito por Administrator
|
|
Viernes, 28 de Marzo de 2008 17:41 |
 O Concello de Melide ten concedida a realización dun curso de galego de nivel CELGA 4, equivalente ao que anteriormente se coñecía como curso de perfeccionamento. O nivel 4 do CELGA é o nivel superior, posto que o 5 está pensado unicamente para mestres e especialistas.
|
|
Leer más...
|
|
Blogs -
Actividades
|
 6011 hits |
|
Escrito por Administrator
|
|
Martes, 25 de Marzo de 2008 16:53 |
 Se desenvolverán entre o 15 de xuño e o 30 de setembro e poderán participar xoves de entre 9 e 35 anos. Os participantes na campaña de Acción de Verán 2008 disfrutarán dun completo programa de actividades de carácter sociocultural, formativo e convivencial nun aloxamento en pensión completa no albergue, residencia ou campamento xuvenil correspondente. Nesta edición están programados 39 campamentos de verán e actividades que se desenvolverán en 19 instalacións xuvenís de toda Galiza.
|
|
Leer más...
|
|
Blogs -
Actividades
|
 7394 hits |
|
Escrito por Administrator
|
|
Viernes, 07 de Marzo de 2008 14:44 |
 Mañá sábado celébrase o día internacional da muller traballadora, que todos os anos, polo 8 de marzo, lembra que é preciso seguir traballando pola igualdade de dereitos e oportunidades.
O Concello de Melide exporá por vinte e catro comercios da vila os carteis cos que se ten celebrado esta data noutros anos, e ofrecerá programación especial arredor do Día da Muller durante varios días.
|
|
Leer más...
|
|
|