| Penguin Push Jugado: 3633 veces |
| Toques al balón Jugado: 3532 veces |
| Gladiator Jugado: 3765 veces |
| Jewels Jugado: 3814 veces |
| Alien Attack Jugado: 3689 veces |
| SMS Control Advance - encendido remoto co SMS Domótica y Seguridad (25.08.2010) | |
| Directiva 2010/31/UE - RD 1826/2009 Domótica y Seguridad (25.08.2010) | |
| KIT CONTROL BIOMÉTRICO ACCESO HUELLA + TARJETA RFID PARA ELECTROCERRADURA Hogar (24.08.2010) | |
| Domótica sin cables Osiris RF - Proyectos e instalación. Domótica y Seguridad (24.08.2010) | |
| Domotium - Domotica a otro nivel Domótica y Seguridad (24.08.2010) | |
| I Feira Exposición de Gando Autóctono en Melide |
| Blogs - Eventos |
3822 hits |
| Escrito por Antonio | |
| Sábado, 17 de Enero de 2009 23:04 | |
|
Venres e sábado, Melide acollerá conferencias sobre a viabilidade do monte galego, e o domingo, 25 de xaneiro, exhibiranse exemplares de gando autóctono galego no Pazo de Congresos de Melide . A feira de xaneiro non será en Melide unha feira máis. Como cada último domingo de mes, a vila melidense acollerá unha nova edición da súa feira de gando, consolidada a día de hoxe como unha das máis importantes de Galiza. Pero ademais da cita habitual que xera intercambios económicos moi elevados para toda a comarca, a feira de xaneiro é a data escollida para celebrar en Melide a I Feira Exposición de Gando Autóctono de Galicia, que organiza o Concello de Melide a través da Concellaría do Medio Rural. O evento non só estará limitado á exposición de gando propio da nosa terra, senón que esta exposición enmárcase nunha fin de semana na que tamén o monte galego terá un gran protagonismo. Durante o venres 23 e o sábado 24, celebraranse no Hotel Carlos’ 96 de Melide uns encontros abertos ao público con especialistas do ámbito forestal galego. Durante eses dous días, analizarase a multifuncionalidade do monte, a política enerxética, o funcionamento das UXFOR e do Banco de Terras, a xestión da biomasa, a oportunidade para o fortalecemento do medio rural a través do monte, etc. A alcaldesa de Melide, Socorro Cea, encargarase da inauguración destas xornadas, o venres 23 ás 10h, e posteriormente intervirán profesionais das distintas universidades galegas, técnicos da Xunta de Galicia vencellados ao ámbito forestal, e representantes de mancomunidades de produtores de biomasa forestal que exporán en Melide as súas experiencias sobre o tratamento e a riqueza do monte galego. Fonte boletín do concello de Melide. Comentarios (0)
|
|
Privacidad + Legal |
CSS |
XHTML
2010 boboras
Esta página está bajo una licencia de Creative Commons.