| Toques al balón Jugado: 3532 veces |
| Penguin Push Jugado: 3633 veces |
| Ninjas Jugado: 3828 veces |
| Gator Hop Jugado: 3754 veces |
| Correr con quads Jugado: 2202 veces |
| SMS Control Advance - encendido remoto co SMS Domótica y Seguridad (25.08.2010) | |
| Directiva 2010/31/UE - RD 1826/2009 Domótica y Seguridad (25.08.2010) | |
| KIT CONTROL BIOMÉTRICO ACCESO HUELLA + TARJETA RFID PARA ELECTROCERRADURA Hogar (24.08.2010) | |
| Domótica sin cables Osiris RF - Proyectos e instalación. Domótica y Seguridad (24.08.2010) | |
| Domotium - Domotica a otro nivel Domótica y Seguridad (24.08.2010) | |
| Exposición FotogrÁFRICA. Médicos do Mundo achegan a Melide a loita contra o VIH en África |
| Blogs - Eventos |
4780 hits |
| Escrito por Administrator | |
| Jueves, 20 de Noviembre de 2008 00:24 | |
|
FotogrÁFRICA, é unha mostra sobre como o continente africano está a vivir a pandemia da sida a través do obxectivo de catro fotógrafos, un de cada continente: Lorena Ros, Javier Teniente, Xulio Villarino e Rossina Ynzega. Grazas a unha iniciativa de Médicos do Mundo, que viaxaron por Namibia, Senegal, Mozambique e Angola impartindo talleres, tomando fotografías e recollendo testemuños directos das propias persoas afectadas polo VIH, configurouse unha exposición que está a percorrer varias localidades de todo o país. O Concello de Melide inaugurou esta mostra, que poderá visitarse na sala de exposicións do Edificio Multiusos ata o 30 de novembro. O fío condutor desta particular exposición é precisamente a cámara fotográfica. Moitas das imaxes que poden visitarse están tomadas polas vítimas da enfermidade, que a través campaña de Médicos do Mundo se situaron detrás do obxectivo captando a súa propia e particular visión da realidade. Ao abeiro de FotogrÁFRICA, vidas arredor da sida, o Edificio Multiusos de Melide acollerá a vindeira semana un taller aberto ao público e totalmente gratuíto que ten por obxectivo formar na educación para previr a sida. O luns, martes e mércores de 19 a 21 horas, maiores de dezaoito anos formarán un grupo no que aprenderán habilidades de comunicación e de ensino para abordar o tema da pandemia. O obxectivo dos talleres é formar a futuros formadores, dende o convencemento de que a prevención é sempre a mellor cura. Estes coñecementos e facultades facilitarán a difusión a asociacións, colexios ou outro tipo de colectivos que a través da información acheguen a forza da súa loita contra o VIH. Fonte boletín do concello de Melide. Comentarios (0)
|
|
Privacidad + Legal |
CSS |
XHTML
2010 boboras
Esta página está bajo una licencia de Creative Commons.