error

Unable to get weather data from Google.
Service is offline.

Home noticias Infraestructuras Melide aproba cinco proxectos para incluír no Fondo Estatal por valor de 650 mil euros

Que te cuentas!

!Debes de tener Javascript activado para comentar.
Invitado amigosportingcambre dijo:
2010-02-24 07:55:19
Os comunico que desde hace poco existe una nueva Web (no oficial) en la que se actualizan semanalmente todos los resultados del futbol base. Esta tiene un formato muy sencillo pensando en que sea visitada por los niños. La encontrareis en google escribiendo amigospcambre (http://personales.ya.com/amigospcambre/). Espero que os sirva de ayuda. Si la encontrais util darla a conocer (añadiendo links,etc.....). Un saludo

Top Autores

admin: 280 Articles
Antonio: 72 Articles
gelines: 48 Articles
anxo: 13 Articles
El enterrador: 12 Articles
Thor: 9 Articles
Xiri: 9 Articles
censuras: 1 Articles

Sindicaciones

Juegos al azar

Gator Hop
Veces jugadas: 616
 
Alien Attack
Veces jugadas: 590
 
Invaders
Veces jugadas: 614
 
Smack the pinguin
Veces jugadas: 550
 
Poux
Veces jugadas: 597
 

Usuarios en linea

Tenemos 393 invitados conectado(s)
comprate un chihuahua
Animales (05.03.2010)
AHORRO ENERGÉTICO > DD-0040 KIT SOLAR LED EXPERIENCE
Domótica y Seguridad (22.02.2010)
AHORRO ENERGÉTICO > TIRA LED FLEX BITONO BLANCO, DC12V, IP67 EXTERIOR
Domótica y Seguridad (22.02.2010)
AHORRO ENERGÉTICO > TIRA LED FLEX 5 MTS RGB IP65 INCL. CONTROLADOR RGB
Domótica y Seguridad (22.02.2010)
Yorkshire Enana
Animales (20.02.2010)


 
= Ad with Photo
Melide aproba cinco proxectos para incluír no Fondo Estatal por valor de 650 mil euros
Blogs - Infraestructuras
93 hits
Escrito por Administrator   
Domingo, 17 de Enero de 2010 15:52

O Concello de Melide vén de aprobar na última Xunta de Goberno Local cinco novos proxectos que serán executados dentro do segundo Plan E do Estado, o Fondo Estatal para o Emprego e a Sustentabilidade Local.

O proxecto de máis peso económico, e o que quixo priorizar o equipo de goberno pola súa importancia para os melidenses, foi o que suporá o acondicionamento da área recreativa de Furelos, que conta cun presuposto de 300.000 euros. A través desta actuación, o concello realizará un saneamento sobre a canle do río, rehabilitando os mecanismos existentes e realizando obras hidráulicas para a limpeza dos fondos. Pero a mellora máis importante será a que se executará sobre as zonas verdes que todos os veráns son frecuentadas pola veciñanza de Melide.

Para iso melloraranse as zonas de acceso ao río, instalando un pantalán flotante e realizando distintos traballos de drenaxe para sanear o contorno. Ademais, substituirase todo o mobiliario (varandas, mesas, farois, bancos, etc.), instalando novas pezas acordes á paisaxe da zona. A fin de marcar de forma natural a separación entre a zona de baño e as zonas verdes, tamén se deseñará unha zona de solario na marxe do río.

Remodelación de instalacións deportivas
Despois de que no primeiro Plan E do Estado o Concello de Melide construíra dúas pistas de pádel e unha de multixogo, que están a ser o maior reclamo deportivo do concello, neste segundo plan estatal, o equipo de goberno quixo impulsar novas infraestruturas deportivas, partindo do apoio ao deporte base. Para iso, aprobou tamén un proxecto no que se inclúe a mellora das pistas deportivas ou pistas exteriores dos tres colexios de Melide. O Concello repoñerá o pavimento, dotará de nova sinalización, iluminación para as zonas de xogo, e colocará novo equipamento deportivo, ademais de mellorar a accesibilidade ás pistas. A actuación máis importante nos tres colexios será a que se realizará nas dúas pistas do Colexio Nº 1, que é o máis antigo de Melide e cuxas pistas presentan tamén unha maior urxencia para a súa mellora.

Fóra xa do ámbito escolar, neste proxecto de 145.000 euros dedicado ao apoio á infraestrutura deportiva, o equipo de goberno incluíu tamén a mellora da única pista de tenis coa que conta Melide, que nestes momentos presenta importantes deficiencias. Nesta pista acondicionarase o propio espazo de xogo, con nova sinalización e equipamento, e tamén se realizará un novo peche exterior.

Catro rúas no centro de Melide
Un terceiro proxecto dos aprobados polo equipo de goberno ao abeiro do Plan Estatal será o que inclúe a mellora de varias rúas de Melide: rúas Campos e Camiño Real, Crego Xosé Manuel Rodríguez Pampín, e a rúa Porto Rico.

O Concello considerou prioritaria a mellora da rúa Campos, por ser a principal conexión da vila co Colexio Mestre Pastor Barral, e que nestes momentos non dispón de beirarrúas. No proxecto aprobado polo Concello contémplase, amais da mellora do firme, a dotación de beirarrúas, que garantirá a mellora da seguridade tanto para os peóns como para os condutores. Este proxecto ten unha dotación orzamentaria de 95.000 euros, e sumarase ás moitas actuacións que xa leva realizado o Concello en materia de mellora e humanización de rúas céntricas de Melide.

Mellora da zona do Ribeiro
O tramo inicial do Ribeiro, na parroquia dos Ánxeles, será obxecto dentro deste plan dun proxecto de mellora integral que porá fin aos continuos problemas que teñen os veciños coas enchentas de auga na pista. Nesta zona, a carencia de beirarrúas e a existencia de diferentes alturas na estrada provoca con frecuencia serios problemas, que serán solucionados coa execución deste proxecto.

A construción de beirarrúas, a colocación de bordillos e un sistema de recollida de pluviais son a parte máis demandada polos veciños que está incluída neste proxecto, e que suporá a adecuación integral da zona do Ribeiro, onde ademais se aplicará un novo asfaltado. Neste mesmo proxecto inclúese tamén unha nova fase da mellora do Camiño dos Tagarros. En total, serán máis de 78.000 euros, para estas dúas zonas nas que o equipo de goberno local xa ten actuado a través de plans anteriormente executados.

Mellora dos locais sociais
O goberno local melidense manifestou dende o primeiro momento a súa intención de revitalizar os locais sociais que existen nas parroquias, xa que nestes momentos están infrautilizados por careceren de servizos básicos como calefacción, illamento e presentar un aspecto moi descoidade producido tanto polo abandono como pola humidade e a choiva. Por iso, o equipo de goberno quixo incluír neste programa do Estado a mellora de tres locais sociais: O Leboreiro, Piñor e Furelos, sobre os que se realizarán obras de saneamento, drenaxes perimetrais, canles de recollida de condensacións e de recollida de auga da choiva a fin de preservar o máis posible os locais da humidade. Tamén se realizarán nos tres edificios traballos de pintura exterior e reforzarase a liña de electricidade, substituíndo o cadro eléctrico nos casos dos locais de Furelos e Piñor para a instalación de radiadores do chamado “calor azul”.

Durante todo este Nadal, como no anterior, o Concello xa levou diversas actividades a todos os locais sociais das parroquias, pero debido aos problemas térmicos que presentaban, fíxose necesario o transporte continuo de estufas para desenvolver as actividades en condicións agradables.

Con estas melloras, que teñen un presuposto de 31.700 euros, o equipo de goberno inicia un completo programa de adecuación dos locais sociais das parroquias, posto que xa está presentado tamén na Deputación da Coruña a mellora de outros tres locais sociais, obras que se executarán neste mesmo ano.

O equipo de goberno ten aínda pendente de aprobación dous proxectos máis con cargo ao Plan Estatal, que verán luz verde nos vindeiros días. Estes cinco proxectos aprobados serán remitidos a Madrid na vindeira semana, aínda que o prazo de envío no remata ata o 4 de febreiro.

Fonte boletín do concello de Melide

Comentarios (0)

 

Privacidad + Legal | CSS | XHTML
2010 boboras Esta página está bajo una licencia de Creative Commons.