error

Unable to get weather data from Google.
Service is offline.

Home noticias Infraestructuras Máis de 12 mil persoas pasaron no ano 2009 pola Oficina de Turismo de Melide

Que te cuentas!

!Debes de tener Javascript activado para comentar.
Invitado amigosportingcambre dijo:
2010-02-24 07:55:19
Os comunico que desde hace poco existe una nueva Web (no oficial) en la que se actualizan semanalmente todos los resultados del futbol base. Esta tiene un formato muy sencillo pensando en que sea visitada por los niños. La encontrareis en google escribiendo amigospcambre (http://personales.ya.com/amigospcambre/). Espero que os sirva de ayuda. Si la encontrais util darla a conocer (añadiendo links,etc.....). Un saludo

Top Autores

admin: 280 Articles
Antonio: 72 Articles
gelines: 48 Articles
anxo: 13 Articles
El enterrador: 12 Articles
Thor: 9 Articles
Xiri: 9 Articles
censuras: 1 Articles

Sindicaciones

Juegos al azar

Poux
Veces jugadas: 587
 
Smack the pinguin
Veces jugadas: 542
 
Memory Cats
Veces jugadas: 596
 
Penguin Push
Veces jugadas: 588
 
Cow Fighter
Veces jugadas: 575
 

Usuarios en linea

Tenemos 300 invitados conectado(s)
comprate un chihuahua
Animales (05.03.2010)
AHORRO ENERGÉTICO > DD-0040 KIT SOLAR LED EXPERIENCE
Domótica y Seguridad (22.02.2010)
AHORRO ENERGÉTICO > TIRA LED FLEX BITONO BLANCO, DC12V, IP67 EXTERIOR
Domótica y Seguridad (22.02.2010)
AHORRO ENERGÉTICO > TIRA LED FLEX 5 MTS RGB IP65 INCL. CONTROLADOR RGB
Domótica y Seguridad (22.02.2010)
Yorkshire Enana
Animales (20.02.2010)


 
= Ad with Photo
Máis de 12 mil persoas pasaron no ano 2009 pola Oficina de Turismo de Melide
Blogs - Infraestructuras
99 hits
Escrito por Administrator   
Martes, 12 de Enero de 2010 00:19
Que Melide é máis ca un punto de paso no Camiño de Santiago demóstrao a fervente actividade turística que se asentou nos últimos anos derredor deste Concello. Amais da súa importancia como enclave fundamental dos Camiños Francés e Primitivo, Melide está a ser demandado como destino de interior, como demostra a súa incorporación ao programa de mellora turística Terras de Ulla e Tambre.

A fin de apoiar esta nova vía de espertar económico e cultural, o Concello promoveu en 2008 a instalación permanente dunha oficina municipal de turismo, que atende aos visitantes ininterrompidamente de luns a domingo no Museo da Terra de Melide.

O concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Antonio Díaz, destacou que “quixemos xunguir dous valores históricos de Melide, como son o propio Museo e a prestación do servizo de oficina de turismo sobre o Concello, nunha mesma instalación”. Nestes momentos, unha técnica en turismo atende cada día aos visitantes, que non só son peregrinos, senón persoas que escollen Melide como punto de destino na súa visita a Galicia, ou mesmo procedentes de turismo interior.

O concelleiro Antonio Díaz destacou “o notable incremento na demanda do servizo de información turística en Melide, que se demostra coas cifras: 12.700 visitantes pasaron pola oficina no ano 2009”. A concellaría de Turismo que dirixe o edil nacionalista editou ademais varios folletos informativos cos principais reclamos turísticos do concello de Melide, e tamén con aqueloutros reclamos menos físicos pero igualmente demandados, como é o caso da repostería tradicional melidense, que fala desta zona alén das súas fronteiras.

Para que este despegue de Melide como valor turístico, o Concello de Melide multiplicou por 10 a axuda municipal ao Museo, encargado da vertebración da actividade turística municipal a través da oficina de turismo. O concelleiro Antonio Díaz fixo referencia a que “o anterior goberno municipal asignaba 500 euros anuais de subvención ao Museo, e este goberno destina 6.000 euros anuais, pois só así, tomándose en serio a importancia de Melide como valor turístico, é posible realizar unha política rendible tamén a través do turismo. As máis de 12 mil visitas anuais así o garanten”.

Dende o Concello agardan que co comezo do Ano Xacobeo as visitas a Melide se incrementen aínda máis durante este 2010.

Fonte boletín do Concello de Melide.

Comentarios (0)

 

Privacidad + Legal | CSS | XHTML
2010 boboras Esta página está bajo una licencia de Creative Commons.