|
Blogs -
Infraestructuras
|
 97 hits |
|
Escrito por Administrator
|
|
Domingo, 17 de Enero de 2010 15:52 |
 O Concello de Melide vén de aprobar na última Xunta de Goberno Local cinco novos proxectos que serán executados dentro do segundo Plan E do Estado, o Fondo Estatal para o Emprego e a Sustentabilidade Local.
O proxecto de máis peso económico, e o que quixo priorizar o equipo de goberno pola súa importancia para os melidenses, foi o que suporá o acondicionamento da área recreativa de Furelos, que conta cun presuposto de 300.000 euros. A través desta actuación, o concello realizará un saneamento sobre a canle do río, rehabilitando os mecanismos existentes e realizando obras hidráulicas para a limpeza dos fondos. Pero a mellora máis importante será a que se executará sobre as zonas verdes que todos os veráns son frecuentadas pola veciñanza de Melide.
|
|
Leer más...
|
|
Blogs -
Infraestructuras
|
 103 hits |
|
Escrito por Administrator
|
|
Martes, 12 de Enero de 2010 00:19 |
 Que Melide é máis ca un punto de paso no Camiño de Santiago demóstrao a fervente actividade turística que se asentou nos últimos anos derredor deste Concello. Amais da súa importancia como enclave fundamental dos Camiños Francés e Primitivo, Melide está a ser demandado como destino de interior, como demostra a súa incorporación ao programa de mellora turística Terras de Ulla e Tambre. A fin de apoiar esta nova vía de espertar económico e cultural, o Concello promoveu en 2008 a instalación permanente dunha oficina municipal de turismo, que atende aos visitantes ininterrompidamente de luns a domingo no Museo da Terra de Melide.
|
|
Leer más...
|
|
Blogs -
Infraestructuras
|
 1252 hits |
|
Escrito por Administrator
|
|
Miércoles, 25 de Noviembre de 2009 14:53 |
 Máis de vinte mil quilos de plásticos
agrícolas serán tratados para a súa reciclaxe grazas a un programa
desenvolto polo Concello de Melide e que ten por obxectivo eliminar
estes restos, fundamentalmente agrícolas, dos vertedoiros ilegais e dos
contornos domésticos. O amoreamento de plásticos
procedentes de silos agrícolas e doutras tarefas do campo resultan un
problema de difícil solución para os labregos, dada a difícil
capacidade de deterioro destes materiais. Por iso, e para evitar o
amoreamento de plásticos en vertedoiros incontrolados ou provocando
contaminación visual a carón dos domicilios e explotacións gandeiras, a
Concellaría de Medio Ambiente promoveu unha campaña de
recollida de plásticos agrícolas establecendo un calendario para todas
as parroquias. Durante un mes, un vehículo municipal encargouse
da recollida destes materiais, que os veciños, informados por un bando
municipal, foron depositando nos campos da festa. O concelleiro de Medio Ambiente, Manuel Prado,
amosou o seu “agradecemento á veciñanza, que coma sempre colaborou con
todas as campañas que se promoven dende o Concello a prol da reciclaxe
e o coidado do entorno”. Fonte Concello de Melide
|
|
Blogs -
Infraestructuras
|
 1764 hits |
|
Escrito por Administrator
|
|
Lunes, 02 de Noviembre de 2009 06:54 |
 O PP de Melide quere poñer en coñecemento dos cidadáns que o Concello de Melide esqueceu enviar á Deputación provincial os padróns para que poida tramitar o cobro dos recibos do lixo e dos vados, algo que segundo Ánxeles Vázquez endexamais ocorreu neste municipio. A voceira do PP informou que para que o Concello recaude esta partida a Deputación ponlle ós concellos como límite o mes de agosto para que remitan os padróns, aínda que con anterioridade por decreto da alcaldía se teñen que publicar en xuño para que os cidadáns poidan reclamar, e posteriormente a Deputación emitilos aos contribuíntes, trámite que non foi cumprido por parte do Concello. A edil popular advertiu que as consecuencias serán nefastas para tódolos melidenses porque o Concello deixará de ingresar máis de 300.000 euros.
|
|
Leer más...
|
|
Blogs -
Infraestructuras
|
 1525 hits |
|
Escrito por Administrator
|
|
Miércoles, 28 de Octubre de 2009 15:27 |
 A Deputación da Coruña vai promover a eficiencia enerxética a través da instalación de placas solares e fotovoltaicas en instalacións municipais (polideportivos, piscinas climatizadas etc), e o aproveitamento para a rede. Os concellos que se beneficiarán das 38 instalacións serán os de Arzúa, Boimorto, O Pino, Touro, Melide, Santiso, Sobrado, Toques, Aranga, Betanzos, Cesuras, Coirós, Curtis, Irixoa, Miño, Oza dos Ríos, Paderne, Vilarmaior e Vilasantar. O investimento podería ascender a 2,5 millóns de euros e está pilotado pola Fundación Axencia Provincial da Enerxía –entidade participada pola iniciativa pública (Deputación da Coruña,) e a privada- Fonte Deputación da Coruña
|
|
Blogs -
Infraestructuras
|
 2185 hits |
|
Escrito por Administrator
|
|
Jueves, 09 de Julio de 2009 15:52 |
 O "BIG JUMP" é unha iniciativa da European Rivers Network (ERN) secundada por distintas organizacións europeas. Trátase de celebrar unha xornada festivo-reivindicativa nos nosos ríos para reclamar a súa protección efectiva através da aplicación da Directiva Marco da Auga.
Está apoiada por unha manchea de organizacións ecoloxistas e sociais
europeas, entre elas ADEGA en Galiza. No noso país, a aplicación da
Directiva Marco da Auga leva un escandaloso retraso, e a ameaza das minicentrais semella que rexurde co novo governo na Xunta. O domingo 12 de xullo vai ao teu río, da o chimpo, saca unha foto e mándaa a ADEGA. Colabora con ADEGA e o Proxecto Ríos na defensa dos nosos cursos fluviais. Fonte adega.info
|
|
Blogs -
Infraestructuras
|
 2124 hits |
|
Escrito por Administrator
|
|
Miércoles, 23 de Septiembre de 2009 13:49 |
 A alcaldesa de Melide acudiu esta mañá ao acto de sinatura dos convenios de colaboración establecidos pola Deputación da Coruña con este concello, e no que se materializan tres importantes demandas do equipo de goberno: a adecuación e remodelación interior da Casa da Cultura (340.773,44 €), a adquisición dun camión con plataforma elevadora para o uso da brigada municipal de obras (65.000 €) e a rehabilitación dunha vivenda tradicional para uso museístico en Furelos (60.000 €). A actuación de maior envergadura é a referida á Casa da Cultura de Melide, á que a Deputación destina, a través deste convenio, 340.000 euros para o seu investimento na adecuación interior do espacio central do edificio na planta baixa, que será empregado como auditorio. Trátase dun espazo diáfano no que se poderán programar actuacións musicais e teatrais, aproveitando a alta calidade do revestimento das paredes, que se realizará con paneis de madeira e un tratamento especial para a refracción do son.
|
|
Leer más...
|
|
Blogs -
Infraestructuras
|
 2617 hits |
|
Escrito por Administrator
|
|
Domingo, 03 de Mayo de 2009 12:20 |
Aprobáronse as bases reguladoras das
subvencións aos concellos para resolver o problema da infravivenda
rural, de modo que as familias con baixos ingresos que as habitan
poidan acadar unha vivenda digna conservando a súa integración social
co medio. Infravivenda rural=Que non reúnan as
mínimas condicións de habitabilidade nos aspectos de seguridade e
estanquidade, condicións hixiénico-sanitarias, espazo habitable
suficiente, servizos de auga e electricidade. Situadas en poboaciones
de menos de 1.500 habitantes. O prazo de presentación de solicitudes remata o 15 de xuño do 2009. + info no DOG do 6 de abril de 2009.
|
|
Blogs -
Infraestructuras
|
 2429 hits |
|
Escrito por Administrator
|
|
Viernes, 17 de Abril de 2009 04:58 |
 Os hórreos, cabazos, cruceiros e petos de ánimas de máis de cen anos de antigüidade, que teñan a consideración de bens de interese cultural. As axudas consistirán nunha subvención que se percibirá por unha soa vez por beneficiario e ben inmoble, pola contía máxima do 50% do custo de execución do proxecto. Prazo de presentación: dende o 14 de abril ata o 13 de maio de 2009, ambos incluído+ info no DOG nº 69, luns 13 de abril de 2009 e no 981 185 691
|
|
Blogs -
Infraestructuras
|
 3124 hits |
|
Escrito por Administrator
|
|
Martes, 14 de Abril de 2009 06:59 |
|
O Concello de Melide ten xa en marcha a execución de seis dun total de catorce obras que se realizarán este ano no municipio ao abeiro do Fondo Estatal de Investimento Local, do que Melide recibirá 1,4 millóns de euros.
Estes seis proxectos, que xa foron adxudicados, supoñen un investimento de 250.000 euros e suporá a mellora de diversas infraestruturas viarias.
|
|
Leer más...
|
|
Blogs -
Infraestructuras
|
 3102 hits |
|
Escrito por El enterrador
|
|
Miércoles, 25 de Marzo de 2009 17:25 |
 A fin de que sexa coñecida esta faraónica obra ( 1 millón de euros facela + 2 máis para rematala, todo un macro-despilfarro onde os haxa), o Concello de Melide vai organizar para esta fin de semana - sábado 28 e o domingo 29 de 11 a 13 e de 18 a 20 horas - dúas xornadas de portas abertas na Casa da Cultura. Todas as persoas que queiran coñecer o interior da Casa da Cultura - baleira coma moitas cabezas políticas por certo - están invitadas. A factura xa se pasará a toda a cidadanía via impostos por suposto. O Concello de Melide quere priorizar o Monte Gaias de Melide a Casa da Cultura. As vergoñas, debería ser mellor tapalas, non?
|
|
Blogs -
Infraestructuras
|
 2631 hits |
|
Escrito por Antonio
|
|
Domingo, 08 de Marzo de 2009 17:03 |
A partires de este luns, día 9, entrarán en funcionamento 57 novas rutas de transporte escolar compartido TES+BUS, que se distribúen entre 18 concellos das provincias da Coruña, Ourense e Pontevedra, dos que 16 son de nova incorporación. Melide será un dos concellos que contará con este servizo. O programa de transporte escolar compartido permite que os cidadáns poidan utilizar as liñas de transporte escolar para os seus desprazamentos por un importe de 1 € cada viaxe. Non obstante a súa utilización por parte dos adultos estará supeditada a que existan prazas libres. Fonte http://novas.xunta.es/node/14129
|
|
Blogs -
Infraestructuras
|
 2963 hits |
|
Escrito por Administrator
|
|
Martes, 20 de Enero de 2009 15:09 |
 A Consellería de Traballo inviste este ano un orzamento de 6 millóns de euros para o fomento de novas iniciativas empresariais nos territorios rurais de Galicia para concellos con menos de 20.000 habitantes. Empresas mercantís sempre que sexan de nova creación; que sexan viables técnica, económica e financeiramente. Condicións: - creados dende o 16 de setembro de 2008 ata o 15 de setembro de 2009. - concederse unha axuda de 2.400 euros por cada emprego subvencionable, ata un máximo de dez. - O prazo xeral para a presentación de solicitudes finalizará o 15 de setembro de 2009. + info en http://novas.xunta.es/node/13470
|
|
Blogs -
Infraestructuras
|
 3207 hits |
|
Escrito por Administrator
|
|
Jueves, 15 de Enero de 2009 15:28 |
 Este xoves, 15 de xaneiro, comezarán no polígono industrial da Madanela as obras para a construción dun punto limpo que ofrecerá servizo a todo o Concello de Melide. Así llo confirmou a Consellería de Medio Ambiente, a través do director da obra, ao concelleiro de Medio Ambiente de Melide, Manuel Prado Puga, quen amosou a súa satisfacción “porque este proxecto, de vital importancia para Melide, comece a dar pasos en firme para converterse en realidade”.
|
|
Leer más...
|
|
Blogs -
Infraestructuras
|
 4166 hits |
|
Escrito por Xiri
|
|
Miércoles, 17 de Diciembre de 2008 21:34 |
 Nada de nada. Ata a data nada sabemos da A-54 Lugo-Santiago ao seu paso por Melide. Este é o tramo maldito. Agora mesmo só sabemos que non sabemos nada. Así o dicía o PP de Melide o pasado mes de novembro cando en contestación no Parlamento Galego comunicáronlles que a Xunta non ten nada de nada sobre este asunto, nin estudo informativo e moito menos trazado alternativo. Está claro que isto é o que hai e non outra cousa.
Con todo, a ministra, o consello de ministros, e outros moitos din que todo vai vento en popa a toda vela, toda marcha, vai ben..., pero eu non me creo nada porque son un incrédulo. Será para os outros tramos, que tamén o dubido. Aínda que hai que entender que a propaganda a moitos lles vai moi ben. Simplemente remítome ás informacións e outras filtraciones que veñen parar ás miñas mans. Para mostra botóns:
...a ministra tamén se referiu a outras infraestructuras galegas, para avanzar que a autovía A-54 (Lugo-Santiago), contará, a finais deste ano, con 4 tramos en obras entre Lugo e Palas de Rei e en 2009 afrontarase outro tramo máis, o que discorre entre Labacolla e Arzúa, polo que tan só quedará a parte que discorre entre Arzúa e Palas de Rei, para o que se realizou un novo estudo informativo.
|
|
Leer más...
|
|
Blogs -
Infraestructuras
|
 4278 hits |
|
Escrito por Xiri
|
|
Domingo, 30 de Noviembre de 2008 21:30 |
 Ánxeles Vázquez critica a pasividade do Concello porque o primeiro estudio enviouse ao Ministerio o 26 de xuño, e o definitivo coas correccións non se entregou ata o 5 de setembro
O PP de Melide acusa a Socorro Cea de irresponsable por demorar os informes para o trazado alternativo da autovía contribuindo a que a obra continúe paralizada.
O PP insta a Socorro Cea a dar explicacións sobre os motivos que levaron ó Concello a enviar un estudio de só dos folios e medio e posteriormente o mesmo pero con conclusión o 5 de setembro; este último fora de prazo.
Melide, 2 de novembro de 2008. O PP de Melide deu a coñecer, nunha nota informativa, a súa valoración tras a contestación por parte da Xunta dunha pregunta formulada polo Grupo Parlamentario Popular, na que a Administración Autonómica confirma que non dispón de ningún estudio informativo do treito Arzúa- Palas de Rei, nin polo tanto de ningún trazado alternativo a Melide. Isto supón, segundo palabras de Ánxeles Vázquez, “que a autovía que xa leva un retraso de 5 anos, continúe paralizada e a este paso tardará moitos máis en ver a luz”.
Os populares denuncian que, despois de solicitalo durante tres meses, por fin tiveron acceso aos informes que o Concello remitiu ao Ministerio para o estudio informativo Arzúa-Palas de Rei, é decir, para o trazado alternativo de Melide. Tras estudiar o citado informe o PP constatou que o Goberno Municipal actuou con total irresponsabilidade , constatando que o Goberno Local enviou o primeiro informe o 26 de xuño, que non tiña sentido por carecer de conclusión, e a alcaldesa non volveu a remitir o novo estudio corrixido ata o 5 de setembro; cando o prazo para remitilo remataba a finais de xuño. A voceira do PP entende agora cales son os motivos polos que o Concello non levou a aprobación deste estudio perante ningún organismo, xa que inda que o Ministerio pedía un estudio detallado, Socorro Cea remitiu o 26 de xuño só dous folios e medio. Posteriormente o mesmo estudio pero con conclusión entregouse o 5 de setembro, o que supón unha pérdida de tempo pola falta de capacidade do Goberno Local para cumplir coa súa obriga e pola pasividade para axilizar un informe que está contribuindo a parálise na construcción do citado tramo da autovía.
Ánxeles Vázquez tamén critica a falta de transparencia do Goberno Local porque tardou 3 meses en facilitarlle o estudio detallado, que no mes de maio pedíu Medio Ambiente co fin de facilitar a cercanía a vila, o que pón de manifesto o seu interese por ocultar a verdade sobre os trámites que se estaban levando a cabo, ante a evidencia da acumulación de novos retrasos.
A voceira do PP esixe a Cea que explique públicamente os motivos polos cales neste Concello se fan as cousas tan a lixeira e se comete o erro de tardar tres meses en completar un informe ao que lle faltaba engadir as conclusións. Para os populares supón una irresponsabilidade por parte do Goberno Local que non se priorice un tema tan importante como a construcción do trazado alternativo da autovía en Melide, xa que se trata dunha actuación que afecta a todos os veciños e que preocupa a toda a vila.
{mosimage}{mosimage}{mosimage}{mosimage}
|
|
Blogs -
Infraestructuras
|
 4417 hits |
|
Escrito por Antonio
|
|
Lunes, 24 de Noviembre de 2008 21:31 |
 Melide será o primeiro concello ao que chegará a campaña informativa posta en marcha pola Secretaría Xeral de Comunicación e o operador público de telecomunicacións Retegal para achegar a TDT á cidadanía. No acto, que será o martes 25 ás 20 horas no edificio multiusos, intervirán, entre outros, o director xeral, Manuel Xosé Fernández Iglesias, e a alcaldesa de Melide, Socorro Cea.
|
|
Leer más...
|
|
Blogs -
Infraestructuras
|
 4370 hits |
|
Escrito por Administrator
|
|
Martes, 07 de Octubre de 2008 01:00 |
 Éxito da limpeza simultánea dos ríos galegos. Preto de 240 grupos de voluntarios/as puxéronse as botas o pasado día 4 na I XORNADA DE LIMPEZA DE RÍOS en rede. Foron máis dun cento de toneladas
de lixo as retiradas de 22 ríos do país. Con esa iniciativa, ADEGA
quere chamar a atención sobre a situación na que se atopan moitos
cursos fluviais nas que toneladas de refugallos amoréanse nas beiras e
canles. É responsabilidade de todos/as, cidadanía e administracións
mirar polo bo estado dos ríos. Dende ADEGA, queremos agradecer o apoio
e o compromiso solidario dos centos de persoas que participaron. + info en adega,.info
|
|
Blogs -
Infraestructuras
|
 4619 hits |
|
Escrito por anxo
|
|
Viernes, 12 de Septiembre de 2008 12:19 |
|
Ha sido anunciado por el Profesor de la Universidad de Vigo, José Ramón Seara, en una conferencia sobre el agua desarrollada en Melide. Al parecer el descubrimiento ha sido por casualidad en tierras de Xinzo de Limia. El caudal fluiría con una temperatura entre 22 y 23 grados centrígrados. ¿Será factible su explotación?. Esperemos que si.
|
|
Blogs -
Infraestructuras
|
 3823 hits |
|
Escrito por El enterrador
|
|
Viernes, 12 de Septiembre de 2008 11:14 |
 Hoxe 12 de setembro nace Galicia Central, a asociación voluntaria de concellos de Lalín, Melide, Monforte e O Carballiño. Nace con boas intencións; básicamente coa idea de prestarse servicios entre os mesmos: Protección civil, Prevención e extinción de incendios, Asistencia técnica e xestión urbanística, asistencia social,tratamento de residuos, protección do patrimonio histórico-artístico, actividades culturais e deportivas,turismo, medio ambiente.. Boas intencións e esperemos que bons resultados. Pioneiros non son, aínda que neste caso se substitua a palabra Mancomunidade por Agrupación. Baste recordar por exemplo a Mancomunidade Intermunicipal do Ribeiro, agrupada por: Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Leiro, Melón e Ribadavia pero alomenos se serve aos cidadáns e representa un aforro para as arcas públicas benvida sexa, e sobretodo en plena crisis económica.
|
|
|