| Happy Memory Jugado: 3909 veces |
| Moto Cross Jugado: 2267 veces | |
| Alien Colony Jugado: 3882 veces |
| Smack the pinguin Jugado: 3549 veces |
| Penguin Push Jugado: 3630 veces |
| SMS Control Advance - encendido remoto co SMS Domótica y Seguridad (25.08.2010) | |
| Directiva 2010/31/UE - RD 1826/2009 Domótica y Seguridad (25.08.2010) | |
| KIT CONTROL BIOMÉTRICO ACCESO HUELLA + TARJETA RFID PARA ELECTROCERRADURA Hogar (24.08.2010) | |
| Domótica sin cables Osiris RF - Proyectos e instalación. Domótica y Seguridad (24.08.2010) | |
| Domotium - Domotica a otro nivel Domótica y Seguridad (24.08.2010) | |
| O Concello de Melide aumenta nun 47% as axudas destinadas ás asociacións |
| Blogs - Política |
2362 hits |
| Escrito por Antonio | |
| Martes, 08 de Septiembre de 2009 09:54 | |
|
O día 1 de setembro, coa súa publicación definitiva no BOP, entrou en vigor o presuposto do Concello de Melide para o ano en curso. Neste orzamento o equipo de goberno destina unha partida de 95.000 euros para todas as asociacións, de distinta natureza, que están rexistradas no Concello. Un total de sesenta e cinco entidades (parroquiais, deportivas, culturais e de natureza social ou comercial) asinarán este ano un convenio individual co Concello de Melide para recibir a contía coa que a entidade local quere contribuír ao desenvolvemento do tecido asociativo. A fin de informar individualmente a cada asociación, o Concello comezou a remitir cartas a todas as entidades nas que se lles avanza cal será a cantidade que percibirán con cargo ao orzamento en curso. Para a concelleira de Participación Cidadá, Casé Rodríguez, “este presuposto quere darlle un pulo ao asociacionismo de Melide, apoiando as iniciativas culturais, deportivas, o comercio ou á propia veciñanza que a través de asociacións veciñais se une para celebrar unha festa ou dar vida a unha parroquia”. En concreto, o Concello incrementou este ano de 210 a 300 euros as axudas destinadas ás comisións de festas das diferentes parroquias e destina 1.000 euros a cada unha das catro asociacións de pais e nais que hai no concello. No apartado de asociacións deportivas, o orzamento de 2009 tamén ascende considerablemente, de 16.000 euros a 25.400. Este incremento repercutirá directamente no fomento de deportes minoritarios, como o que promove a Escola Ayude de Kickboxing, o clube ciclista ou no fútbol feminino, que recibe por vez primeira unha axuda do Concello. A edil nacionalista Casé Rodríguez tamén destacou o incremento da colaboración que se dá a “asociacións que inciden directamente no plano social e na mellora da calidade de vida da veciñanza, como Cáritas, que pasou de recibir 600 euros no ano 2006 a cobrar 2.500 con este equipo de goberno”. Para Casé Rodríguez “o apoio do actual goberno local ás asociacións da vila é incuestionable tendo en conta que o anterior goberno local destinou só 27.000 euros no ano 2006 ás asociacións da vila e nós 95.000 euros neste ano”. Hai que salientar tamén o apoio municipal que recibirá este ano a asociación cultural O Castelo, responsable de organizar a Foliada, e que contará con 3.500 euros para dito evento. A Coral Polifónica de Melide tamén recibirá 2.500 euros para organizar a Semana da Música no mes de novembro e o Centro Arzuano-Melidense de Arxentina contará, por segundo ano consecutivo, cunha axuda municipal de 1.200 euros para as súas actividades. Fonte boletín de novas do concello de Melide Comentarios (0)
|
|
Privacidad + Legal |
CSS |
XHTML
2010 boboras
Esta página está bajo una licencia de Creative Commons.