Unable to get weather data from Google.
Service is offline.
![]() | Ninjas Veces jugadas: 658 | |
![]() | Memory Cats Veces jugadas: 676 | |
![]() | Gator Hop Veces jugadas: 669 | |
![]() | Penguin Push Veces jugadas: 646 | |
![]() | Toques al balón Veces jugadas: 587 |
| comprate un chihuahua Animales (05.03.2010) | |
| AHORRO ENERGÉTICO > DD-0040 KIT SOLAR LED EXPERIENCE Domótica y Seguridad (22.02.2010) | |
| AHORRO ENERGÉTICO > TIRA LED FLEX BITONO BLANCO, DC12V, IP67 EXTERIOR Domótica y Seguridad (22.02.2010) | |
| AHORRO ENERGÉTICO > TIRA LED FLEX 5 MTS RGB IP65 INCL. CONTROLADOR RGB Domótica y Seguridad (22.02.2010) | |
| Yorkshire Enana Animales (20.02.2010) | |
| PROGRAMA DE TURISMO SOCIAL DA XUNTA DE GALICIA 2009 |
| Blogs - Asuntos sociales |
5704 hits |
| Escrito por gelines | |
| Viernes, 27 de Marzo de 2009 01:00 | |
|
A Secretaría Xeral de Benestar pon en marcha o programa de Turismo Social 2009, cunha oferta que este ano chega ás 3.274 prazas. Esta iniciativa de ocio para os maiores céntrase nas modalidades de turismo termal e no turismo de intercambio. Este ano, poténciase a modalidade de turismo termal, na que se ofertan dúas opcións: unha primeira de todo incluído, para a que se habilitan 2.139 prazas, que comprende os tratamentos termais, transporte, aloxamento, manutención e animación sociocultural; e unha segunda modalidade, con outras 1.015 prazas, que contempla só os tratamentos termais, sendo o desprazamento e o aloxamento por conta do beneficiario. O programa amplía ata 15 o número de establecementos termais incluídos na oferta, coa incorporación dos de Acuña, Illa da Toxa, Mondariz e Outariz. Así, por provincias, figuran o balneario Baños Vellos de Carballo, na Coruña; Río Pambre (Palas de Rei) e Termas Romanas, en Lugo; Baños de Molgas, Laias (Cenlle), Lobios, Gran Balneario e Caldas de Partovia (O Carballiño) e Termas de Outariz, en Ourense; e Balneario de Acuña (Caldas de Reis), Balneario da Toxa (O Grove), Baños de Brea (Vila de Cruces), Caldelas de Tui (Tui), Cuntis e Balneario de Mondariz, en Pontevedra. O custo destes programas termais para os beneficiarios oscilan entre os 270 € e os 355 €, segundo destino, para a opción “todo incluído”, con estancias de 11 días; e entre os 97€ e os 222€, por dez días, para a opción de “só tratamento termal”. Ademais, da totalidade de prazas para a opción “todo incluído”
resérvanse 32 prazas gratuítas para persoas que acrediten dispoñer de
escasos recursos económicos, e outras 64 prazas para matrimonios que
cumpriron as súas vodas de ouro no ano en curso, nas que os
beneficiarios gozan de importantes descontos. Requisitos e inscricións Dentro dos solicitantes que reúnan os requisitos para participar no Programa, daráselles prioridade a aquelas persoas con maior idade e menores ingresos económicos, así como ás que non tiveran participado no programa en anteriores convocatorias e precisen os tratamentos termais solicitados (segundo o baremo establecido ao efecto). Os maiores interesados en participar neste programa poderanse dirixir para máis información ás Delegacións provinciais da Igualdade e do Benestar, Residencias e Centros Sociocomunitarios de Benestar da Vicepresidencia da Xunta de Galicia, ao Teléfono Social 900 333 666 ou aos servizos sociais de atención primaria dos concellos ou dos centros de saúde. O prazo de presentación de solicitudes remata o vindeiro 15 de abril ás 14 horas. Fonte http://novas.xunta.es/node/14251 Comentarios (0) |
|
Privacidad + Legal |
CSS |
XHTML
2010 boboras
Esta página está bajo una licencia de Creative Commons.