ClearClear 25 oC
Humidity: 65%
Wind: N at 10 mph
Home

Que te cuentas!

!Debes de tener Javascript activado para comentar.
Invitado EDUARDO dijo:
2010-08-23 12:21:37
CASA EZEQUIEL: MUCHO RUIDO Y POCAS NUECES Y EL SERVICIO ES MUY,MUY,MUY DEFICIENTE
2010-08-10 16:35:41
programa de fiestas de san roque 2010 en melide
Invitado rosa dijo:
2010-07-26 12:58:19
quiero saber programa fiestas San Roque 2010 en melide .gracias
Invitado vane-gsx-r dijo:
2010-07-03 15:47:59
hola queremos montar un club de motos en vigo quien se apunta¿?
Invitado duende dijo:
2010-05-30 15:21:03
mañana hace diez años q Fran murio, enceder todos una vela por el. Nunca te olvidare.

Top Autores

admin: 309 Articles
Antonio: 73 Articles
gelines: 50 Articles
anxo: 16 Articles
El enterrador: 12 Articles
Thor: 9 Articles
Xiri: 9 Articles
censuras: 1 Articles

Sindicaciones

Estadísticas

OS : Linux i
PHP : 5.2.14
MySQL : 5.0.81-log
Tiempo : 15:18
Caching : Activado
GZIP : Activado
Miembros : 3016
Contenido : 479
Enlaces : 135
Ver contenido por hits : 1506709

Juegos al azar


  
Invaders
Jugado: 3922 veces

  
Smack the pinguin
Jugado: 3546 veces

  
Vestir muñecas
Jugado: 2286 veces

  
Shoot
Jugado: 3600 veces

  
Snake
Jugado: 3671 veces

Usuarios en linea

Tenemos 182 invitados conectado(s)
UN ESPECTÁCULO MUSICAL PARA ESCOLARES PECHARÁ A SEMANA DAS LETRAS E DA ARTE EN MELIDE
Blogs - Eventos
8743 hits
Escrito por Administrator   
Viernes, 16 de Mayo de 2008 00:36
O concerto de Mamá Cabra o luns na Praza do Convento poñerá broche final aos actos desta semana cultural.
A radio municipal de Melide contará este venres con programación especial dedicada do Día das Letras.

Os actos da Semana da Letras e das Artes organizados pola Concellaría de Cultura con motivo do 17 de maio chegan este venres á radio municipal de Melide. A concelleira desta área nacionalista do goberno, Conchi Castro, explicara xa en rolda de prensa que dende o Concello se fixera unha aposta por “estender os actos conmemorativos do 17 de maio a toda a semana, para ir máis aló da celebración esporádica dese día tan sinalado”. Respondendo a esta liña de actuación, a radio municipal terá en sesión de mañá e tamén de tarde, uns espazos dedidados a todo canto representa a data que se celebra o domingo: por un lado a vida e obra do autor homenaxeado, e por outra a importancia de manter viva a forza do idioma galego.

Así, ás doce da mañá deste vernes, RadioMelide ofrecerá un programa especial, conducido polo técnico de Normalización Lingüística do Concello, Xaquín Vázquez, no que se falará da vida e da obra de Xosé María Álvarez Blázquez, a quen este ano se rende homenaxe o 17 de maio. Neste espazo radiofónico abordarase a importancia da figura de Álvarez Blázquez para as letras, a historia e a arqueoloxía de Galiza.

Outro dos aspectos que se reivindica cada 17 de maio é a situación que atravesa a lingua galega. Ese será un tema que se tratará tamén en RadioMelide o venres 16, nun programa que se emitirá ás 18 horas, e no que se dará a coñecer un estudo sobre o uso do galego no comercio melidao, realizado polo equipo de Normalización Lingüística do colexio Mestre Pastor Barral. Xesús Expósito, técnico deste grupo de traballo do Pastor Barral acompañará ao responsable de Normalización do Concello de Melide no desenvolvemento deste programa.

Amais, o domingo 18 celebrarase na Alameda de Santiago de Compostela a manifestación que como cada ano convoca A Mesa pola Normalización Lingüística para reivindicar a situación do galego na nosa sociedade. O Concello de Melide, que xa anunciou a súa adhesión ao manifesto da Mesa, facilitará a participación de toda a veciñanza a esta manifestación dispoñendo un autobús que partirá da parada do autobús Freire (liña Lugo-Santiago) ás 10.30 horas da mañá do domingo.


Actividades conxuntas dos colexios

Dada a festividade do propio día 17, os tres colexios de Melide decidiron centralizar no luns 19 unhas serie de actividades conxuntas na que participarán todos os escolares da vila. Esta xornada de convivencia desenvolverase ao aire libre na praza do Convento, a non ser que as condicións climatolóxicas non o permitan. De ser así, as actividades desprazaríanse ao pavillón do IES de Melide.

Será ás 10.30 horas da mañá cando dea comezo o programa, que abrirá cun relatorio sobre a vida de Álvarez Blázquez e a súa achega á cultura galega, un xeito de familiarizar aos escolares co homenaxeado no Día das Letras deste ano. Posteriormente o alumnado de Melide asistirá a un recital de poemas de Blázquez, e posteriormente á representación dunha obra de teatro especialmente escollida para esta ocasión.

Como broche de ouro a esta xornada de convivencia que ten como nexo o idioma e a cultura de Galiza, os escolares asistirán a un concerto do grupo Mamá Cabra, unha actuación musical na os rapaces e rapazas terán unha participación activa. Mamá Cabra é un grupo formado por sete músicos, que está a destacar pola calidade da súa música viva e chea de ledicia, que ofrece un espectáculo activo para os máis pequenos, baseado no xogo e no baile. Mamá Cabra vén de ser galardoado co Premio á mellor canción en galego nos Premios da Música.

Logo da actuación musical realizarase a entrega de Premios do Certame de Contos que organizaron conxuntamente os tres colexios de Melide.

Nota de prensa concello de Melide.
Comentarios (0)

 

Privacidad + Legal | CSS | XHTML
2010 boboras Esta página está bajo una licencia de Creative Commons.