NubladoNublado (52 oF • 11 oC)
Humedad: 85%
Viento: E a 3 km/h
Home

Que te cuentas!

!Debes de tener Javascript activado para comentar.
Invitado TEIXEIRO-ROCK 2010 dijo:
2010-02-07 22:36:18
Bueno, pues como algunos de vosotros ya sabreis, hemos confirmado recientemente que el grupo estrella del proximo Teixeiro Rock, que se celebrara el dia 16 de julio de 2010 en la plaza del ayuntamiento de Teixeiro (A Coruña), va a ser BARRICADA, asi que ya sabeis, id reservando ese día porque se va a armar una buena fiesta...ah!! y que el concierto será GRATUITO!!!!

Top Autores

admin: 278 Articles
Antonio: 71 Articles
gelines: 48 Articles
anxo: 13 Articles
El enterrador: 12 Articles
Thor: 9 Articles
Xiri: 9 Articles
censuras: 1 Articles

Sindicaciones

Juegos al azar

Poux
Veces jugadas: 199
 
Memory Cats
Veces jugadas: 202
 
Snake
Veces jugadas: 162
 
Invaders
Veces jugadas: 196
 
Smack the pinguin
Veces jugadas: 195
 

Usuarios en linea

Tenemos 129 invitados conectado(s)
As festas do San Roque contarán este ano co I Festival da Canción Terra de Melide
Blogs - Música
Escrito por Administrator   
Martes, 01 de Julio de 2008 02:56
As persoas afeccionadas á canción terán este ano, no marco das festas do San Roque de Melide, unha oportunidade para darse a coñecer ante o numeroso público que durante esta semana ateiga a vila melidense.
O concelleiro de Promoción Económica, Turismo e Festas, Antonio Díaz, vén de anunciar a celebración do   I Festival da Canción Terra de Melide, un acto lúdico e cultural que se celebrará na noite do 21 de agosto na Praza do Convento.
Segundo o concelleiro Antonio Díaz, “o Festival será un escaparate para a xente nova que gusta da canción, por iso queremos que sexa unha actividade aberta ao público, para que participen todas as persoas que o desexen”.

 O cerne deste Festival estará composto por rapaces e mozos, aínda que non se porá límite de idade para a participación. Non obstante, o Concello de Melide encargarase da inscrición de todos os interesados e interesadas, a través do Departamento de Cultura. O prazo para formalizar esta inscrición rematará o vindeiro 15 de xullo.

Unha vez se teña elaborado unha relación das persoas que interpretarán as súas cancións no Festival, a organización do mesmo encargarase de preparar aos intérpretes para a agardada actuación do día 21.
 O concelleiro responsable desta iniciativa destacou que “se trata dun Festival, non dun concurso, pois queremos que sexa unha porta aberta para todas as persoas que queiran pasar un momento agradable, sen establecer competición nin rivalidades”.
Este Festival enmárcase no programa de actividades das festas do San Roque, que se desenvolverán en Melide entre o 15 e o 22 de agosto.
Nota de prensa concello de Melide

Comentarios (0)

 

Privacidad + Legal | CSS | XHTML
© Copyright 2010 boboras